Casas con estrutura de madeira

Casas de estrutura de madeira en Cerdido

Na Carpintería Rañal y Lago de Cerdido, en colaboración con técnicos e profesionais da madeira, deseñamos e construímos casas con estrutura de madeira, totalmente personalizadas e con flexibilidade tanto en distribución como en acabados.

As casas construídas por Carpintería Rañal y Lago, cumpren cás normas establecidas no Código Técnico de Edificación (CTE).

CONSULTAR PLANOS


Vantaxes da construción en madeira

As casas de madeira construídas por Carpintería Rañal y Lago presentan unha serie de vantaxes que nos gustaría destacar:

  • Construción que permite unha rápida execución xa que se trata dunha construción en seco, en 7 días pode estar montada a estrutura principal da vivenda incluída a cuberta.
  • Sistema construtivo respectuoso co medio ambiente.
  • Eficiente conservación da enerxía, podemos obter un aforro de enerxía do orden do 40%, tanto para calefactar como para refrixerar, debido ao carácter illante da madeira.
  • A madeira laminada coa súa estrutura celular proporciona un illamento térmico superior; 15 veces maior que o formigón, 400 veces maior que o aceiro e 1700 veces máis que o aluminio.
  • Alto grado de flexibilidade e liberdade de deseño estrutural.
  • Alta resistencia ao lume, máis seguro que unha estrutura de aceiro non protexido.
  • Garantías adicionais en materiais como tellas asfálticas ou revestimento con formica compacta exterior, que fan que as casas teñan un custo de mantemento practicamente nulo.

Proceso construtivo

A construción das casas de madeira consta de varias fases que na Carpintería Rañal y Lago levamos a cabo dunha forma meticulosa.

  • Cimentación con lousa de formigón armada.
  • Despece da madeira e montaxe de módulos no taller.
  • Estrutura de madeira montada in situ a base de madeira laminada de Abeto GL24. A madeira laminada (tamén chamada laminado encolado, MLE) é un produto de factura industrial que se utiliza na construción de estruturas de soporte. Estas pezas estruturais fórmanse por encolado de láminas de madeira mantendo a dirección da fibra sensiblemente paralela.
  • Cuberta con panel sándwich en diferentes modelos: liso, tella, varias grecas, ou tradicional con lousa ou tella cerámica.
  • Illamento exterior con membrana impermeabilizante, fachadas e cuberta.
  • Illamento interior con la de roca DESN-30 e DESN-60, para trasdosados, tabiques interiores, chans e cuberta.
  • Instalacións de electricidade e fontanería.
  • Revestimento exterior, que pode variar desde paneis compactos de formica exterior, canexel, madeira, monocapa, pedra rústica...
  • Revestimentos interiores, con placas de xeso para trasdosados e tabiquería rematados con pintura plástica.
  • Carpintería exterior de aluminio con RPT, PVC ou madeira en diferentes modelos e acabados.
  • Carpintería interior en madeira maciza, DMH para lacar, diferentes modelos e acabados.
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera
  • proceso constructivo casa de madera

Garantías e financiamento

A garantía destas casas como en calquera construción é por 10 anos para elementos estruturais. Ao igual que as casas con outro tipo de estrutura, estas son consideradas bens inmobles, polo que se poden asegurar e hipotecar sen ningún custe adicional.

Póñase en contacto con nós se ten calquera dúbida.